Pabellón Promesas

Torneos

Dentro da programación deportiva do club ao longo de cada tempada temos que incluir a organización de catro torneos en varias categorías que van acumulando ano tras ano novas edicións.

 

 

TORNEO NADAL FÚTBOL SALA BASE

Este torneo acumula 18 anos de historia e trátase dun dos eventos deportivos con máis antiguedade dos que se desenvolven na nosa cidade na época do Nadal. Neste campionato de fútbol sala participan xogadores das categoría benxamín e iniciados e a participación é exclusivamente provincial con equipos tradicionais no fútbol de formación da nosa provincia.  Nas tres últimas edicións os equipos do Pabellón Ourense CF leváronse a victoria nas dúas categorías.

 

TORNEO CIDADE DAS BURGAS BENXAMÍN

Foi o derradeiro torneo en incorporarse á carteleira de actividades do club. Suma cinco edicións e a excepción da primeira, as demais tiveron lugar o Xoves Santo. A participación é íntegra para xogadores en idade benxamín e a presenza de equipos abarca a representantes de toda Galicia ata alcanzar a cifra de doce conxuntos que disputan unha fase inicial por liguiña repartidos en grupos de tres equipos e posteriormente unha segunda fase por eliminatorias. O Pabellón Ourense CF venceu nas edicións de 2007,2008, e 2010, mentres que e ED Val Miñor de Nigrán foi o gañador na do 2009 e a Escola de Fútbol Porteiro 2000 de Pontevedra na do 2011.

 

TORNEO MEMORIAL MANUEL QUINTANA INFANTIL

O torneo infantil, que se celebra ao remate da competición en xuño, leva o nome de Manuel Quintana Fernández, unha persoa que desenvolveu o seu traballo como responsable do material deportivo do club durante máis dunha década. O evento suma dez edicións e soamente nunha ocasión non puido celebrarse polas obras de remodelación do campo de Os Remedios. Neste campionato toman parte xogadores en idade infantil e a presenza de equipos sitúase en seis dos mellores representantes de Galicia nesta categoría. Nas edicións do 2009 e 2010 o Pabellón Ourense CF foi o gañador contra todo pronóstico. Na última celebrada no 2011 o RC Deportivo da Coruña foi o campión ao superar na final ao Pabellón CF.

 

TORNEO CIDADE DE OURENSE CADETE

É o torneo por excelencia que organiza a entidade xunto co Consello Municipal de Deportes de Ourense. Desenvólvese nos meses de maio ou xuño. Acumula vinte edicións e por regra xeral participan equipos dun destacado nivel tanto nacional como en algunhas oacasións extranxeiros. Ao longo destes vinte anos tivemos a oportunidade de contar coa presenza de clubs como Real Madrid CF, FC Barcelona, Athletic Club de Bilbao, Valencia CF, Club Atlético de Madrid, Sevilla CF, Real Sociedade de San Sebastián, AFC Ajax de Amsterdam, SS Lazio de Roma, SL Benfica de Portugal, FC Porto de Portugal, Sporting de Portugal, Real Sporting de Xixón, RC Deportivo da Coruña e RC Celta de Vigo.

O último campión foi o Real Madrid CF, que é o equipo foráneo que máis participacións acumula con dezanove edicións. Os madrileños venceron na tanda de penaltis ao Atlético de Madrid despois de rematar o tempo regulamentario con empate 1-1.

 

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

ESCOLA DE INICIACIÓN

RESULTADOS

PÓDECHE INTERESAR

twitter

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com