Pabellón Promesas

Escola de Fútbol "José Luis López Iglesias"

 

ESCOLA DE INICIACIÓN Ó FÚTBOL "José Luis López Iglesias"


Desde hai máis de 20 anos o Pabellón Ourense CF conta cunha Escola de Iniciación ao Fútbol na que a súa función social veu a ocupar unha franxa que o fútbol base non podía atender: a posibilidade para moitos nenos e nenas que querían iniciarse na práctica deste deporte, e tamén mellorar as súas capacidades. A Escola foi medrando progresivamente ata acadar unha media de 100 deportistas, moi preto do límite de capacidade das instalacións que nos facilita o Consello Municipal de Deportes. Dende a tempada 2011-2012 denomínase Escola de Iniciación "José Luis López Iglesias", que foi o fundador do Pabellón Ourense CF no ano 1972 e que na actualidad segue sendo o Presidente.


Aínda que esta actividade é a antesala do paso ós equipos federados do Pabellón Ourense CF, tamén intentamos orientar a saída dos alumnos que non teñen entrada nos nosos equipos federados cara a outros clubs colaboradores, onde poidan continuar a súa traxectoria deportiva.


Nos últimos anos a Escola de Iniciación ao Fútbol pechou prácticamente a posibilidade de realizar probas de acceso cara ós equipos do club. Polo tanto, case a única vía de acceso que existe na actualidade son: a través do paso natural da Escola ós equipos inferiores ou pola captación que realizan os técnicos e observadores do Pabellón Ourense CF.

 

 

OBXECTIVOS

1.- Educar mediante a acción física-recreativa de carácter deportivo. Preténdese que o neno se inicie na práctica do deporte, dende os seus coñecementos básicos, entendendoa como unha actividade de tempo libre, recreativa, formativa e educativa. A través da aprendizaxe do deporte que a eles máis lles gusta, pódese chegar a unha formación integral da sua personalidade individual, colectiva, humana, creativa en corpo e mente e ó encauzamento da sua formación deportiva, alonxada dos perigos que nesta sociedade se poden encontrar.


2.- Crear un estado de participación no deporte, implicando formal e informalmente ós pais.


3.- Obxetivos específicos de carácter técnico relacionados coa mellora das capacidades coordinativas:


  • Capacidade de Orientación.

  • Capacidade de Combinación.

  • Capacidade de Diferenciación.

  • Capacidade de Equilibrio.

  • Capacidade de Reacción.

  • Capacidade de adaptación a diferentes situacións.


Aprendizaxe e desenvolvemento de:

a.- Diferentes formas de golpeo do balón con ambas pernas utilizando as seguintes superficies: empeine interior e exterior, empeine total, interior do pe e planta do pe.

b.- Golpeos coa testa: frontal e occipital.

c.- Recepción con toda a superficie corporal, ben sexa a través de amortiguamentos, controis orientados ou semi-orientados.

d.- Fintas e regates con ambas pernas.

e.- Conducción en línea recta, curva, con cambios de dirección, en cuadrado etc…

f.- Golpeos do balón estático e en movemento, con carreira previa e sen carreira previa.

g.- Exercicios de habilidade estática e dinámica.



4.- Mellorar os recursos psicomotrices e sociomotrices dos alumnos segundo as súas propias capacidades.


  • Educación polo movemento.

  • Habilidades motrices básicas: esquemas motrices, patróns motrices, coordinación en todas as súas manifestacións, etc…

  • Destrezas deportivas específicas.


5.- Ofrecer un soporte ó Pabellón Club de Fútbol para mellorar os niveis de xogo e organización de competicións.

 


REQUISITOS

O curso vai dirixido ós nen@s nados nos anos 2007, 2008 e 20098.

 

 

CUSTO

Unha cuota única por todo o curso de 110 Euros e darse de alta como aboado do Pavillón dos Deportes no último trimestre do 2014 (17 Euros) e primeiro semestre do 2015 (29 Euros aproximadamente). Os alumnos novos terán que adquirir a roupa de adestramento oficial da Escola na tenda deportiva que sinalará o club composto por camiseta, pantalón e medias. O custo total dos dez meses de curso contabilizando todos os requisitos é duns 190 euros aproximadamente.

 

 

PRAZO E FORMA DE INSCRICIÓN

Do 15 de xullo ao 22 de setembro de 2014. Deberá encherse este FORMULARIO DE INSCRICIÓN e presentalo cando comece o prazo o 15 de xullo por fax ao 988980500 ou por correo electronico a pabelloncf@pabelloncf.com.

 

 

DURACIÓN DO CURSO

De outubro de 2014 a xuño de 2015.

 

ORGANIZACIÓN DO CURSO

Formaránse grupos de traballo distribuidos por ano de nacemento. Os horarios axustaránse ás horas facilitadas polo Consello Municipal de Deportes con grupos de 17 a 18 horas e de 18 a 19 horas en diferentes días da semana.


OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Celta

RESULTADOS

PÓDECHE INTERESAR

twitter

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 606 26 82 78 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com